Sireno, sireno! / Siren, Siren
La historia en breve
Partindo da imaxe da esculta de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. “¡Sireno, Sireno!” é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento. O neno refúxiase nun mundo onírico, no que o debuxo é a única vía de escape, pero só pinta en branco e negro porque vive nun mundo gris; nesa situación. A descuberta do Sireno, unha estatua deforme que se eleva nunha praza da súa cidade, desperta emocións intensas e contradictorias no seu interior. A partir de entón, sofre unha identificación fantasiosa que o axudará a camiñar na procura das cores. En palabras de An Alfaya, a autora, “o Sireno sérvelle ó protagonista de escusa para saír da escuridade na que quedou preso trala morte do pai e descubre nela a beleza do deforme como aposta persoal”. Unha fermosa historia, merecedora do Premio Merlín de 1997, que é un reflexo dun alma infantil sensible. Unha historia escrita co corazón, que a autora recomenda lela tamén co corazón, que aposta por afondar nas vivencias e nos sentimentos.
Elige cómo leer el libro
Si esta historia despertó tu curiosidad, explora las opciones disponibles para leerla.
Valoración
Libros Recomendados 2026
Cultura política, visualidades y cine
Juan Guillermo Díaz Bernal
Escenarios intangibles: la cultura literaria, sonora y artística de Tonalá
Alfredo Hermosillo López
Vaya vaya, cómo has crecido
Megan Maxwell
El profesor de audición y lenguaje ante el Nuevo Milenio
Federación Española De Profesores De Audición Y Lenguaje



