Un dia de caza / A Day of Hunting

Nunavut, a nena protagonista das aventuras desta nova colección infantil de Xerais, escrita por Xoán Abeleira e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, pertence a un dos pobos máis lendarios da terrra, os innuit ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións, ocupando a rexión máis fría do noso planeta, a do Círculo Polar Ártico, que se estende dende Alasca a Grenlandia. Alí os esquimós viviron en paz, illados completamente do resto do mundo, ata que, a mediados do século XIX, na época das grandes exploracións, entraron en contacto cos europeos....


























































