A modo de diario, desde unha perspectiva vivencial, sen ningún tipo de aspiración pretensiosa, abordo os temas que máis me preocupan. O concepto de identidade, a poesía e a ética son os tres eixos sobre os que xiran estes textos, con distintas manifestacións dentro de cada unha das materias. No que atinxe á identidade, reflexiono sobre a galeguidade e a noción de nacionalismo desde un punto de vista ontolóxico, baseándome nas propias experiencias. Da ética, trato cuestións relacionadas coa educación na violencia, no culto ó feo e no inmediato, alicerces que fomentan a...